Redactores/as de contidos
Contacto
Comparte esta oferta
Que busco?
En Arela Comunicación Sostible estamos buscando a colaboración de profesionais autónomxs que estean especializados na creación de contidos de texto para páxinas webs, blogs, redes sociais e outras canles dixitais. Así mesmo, temos interese en trazar outras colaboracións en diferentes proxectos ao longo do ano que poidan xurdir en distintos lugares de Galicia a través dalgúns dos nosos clientes. Traballamos tanto con entidades públicas como con empresas privadas instaladas no rural.
VALORAMOS:
- Coñecemento do sector editorial e xornalístico galego.
- Experiencia na creación de contido para as redes sociais.
- Experiencia no traballo con entidades públicas e privadas do rural galego.
Se estás interesada/o escríbenos e falamos. Queremos contar cunha rede de profesionais cos que traballar e cumplir os obxectivos dos proxectos que desenvolvemos.
Que ofrezo?
Ofrecemos a oportunidade de establecer un vínculo profesional que teña unha duración importante no tempo. Non podemos ofrecer de partida unha colaboración económica fixa, senón que esta irá en función do orzamento e das necesidades de cada proxecto, así como da carga de traballo que leve aparellada.