O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Sobre nós

Imaxe cunha mesa cunha cadeira no campo.

No rural non hai oportunidades,  ou é que estas oportunidades non teñen visibilidade? Esta é a pregunta que nos fixemos antes de poñer en marcha Ficar Aquí.

As empresas do rural teñen dificultades para atopar persoas traballadoras e a xente que quere vivir aquí non atopa, en moitas ocasións, unha oportunidade laboral que llo permita. Este portal nace para impulsar eses contactos e dar resposta ás necesidades concretas do rural galego, favorecendo conexións que doutro xeito sería moi difícil que se producisen. 

Calquera persoa ou entidade, de calquera concello rural de Galicia, pode rexistrar de xeito gratuíto a súa oportunidade neste portal. Queremos así que Ficar Aquí sexa un espazo útil para poñer en valor os recursos, chamar a atención sobre as necesidades profesionais existentes, favorecer o emprendemento e a colaboración.

Ficar Aquí, o portal de emprego e oportunidades do rural galego, é un sitio web deseñado desde o rural e para o rural. Unha iniciativa que puxemos en marcha desde ENXERTA [RE]ACCIÓN RURAL, onde nos adicamos a crear e impulsar proxectos innovadores para o mundo rural.

Hai unha relación moi directa entre o despoboamento e a falta de oportunidades nun territorio. A falta de poboación no rural condiciona a súa actividade socioeconómica e tamén o mantemento dos seus servizos. Este proxecto quere sumar na loita contra o despoboamento e dinamizar a economía local,  xuntando os recursos do territorio, das persoas que o habitan (ou queren habitalo) e das entidades que traballan nel.

Respostando á pregunta coa que abrimos esta sección: si. Si que hai oportunidades no rural; e visibilizar esas oportunidades é unha forma máis de amosar que temos un rural vivo, dinámico e cheo de iniciativas.

Ficar Aquí significa que non marchamos. Que buscamos os motivos, os recursos, os proxectos e as persoas para quedar.

Imaxe dun ipad coa web Ficar Aquí en pantalla.

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *