Traballador/a social
Coordinates of this location not found
Empresa
Osventos
Osventos é unha entidade especializada na prestación, coordinación e xestión de servizos socioasistenciais dirixidos a persoas maiores, dependentes e familias que precisan apoio no seu día a día. A organización destaca pola súa aposta por modelos de atención centrados na persoa, pola profesionalización dos equipos auxiliares e pola implementación de protocolos de calidade que garantan un servizo seguro, continuo e adaptado ás necesidades de cada usuario.
Sector
Servizos sociais
Condicións
Na empresa
Localización
Av. Virxe do Monte, 0, 27377 A Feira do Monte, Lugo
Contacto
Preferencia: Email
seleccion@osventos.com
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
Dende Osventos, buscan incorporar un/ha traballador/a social para a coordinación de servizos socioasistenciais nas súas oficinas situadas en Cospeito (Lugo).
Condicións do posto:
- Xornada de luns a venres.
- Horario de 08:30–16:30 h, con posibilidade de adaptalo a 09:00–17:00 h.
- Requírese unha presenza mínima de 22 horas semanais en horario de mañá na oficina.
- Salario segundo convenio.
- Incorporación inmediata.
Funcións:
- Coordinación de servizos sociosanitarios asignados.
- Elaboración e xestión de cuadrantes do persoal auxiliar.
- Visitas domiciliarias para seguimento e valoración das persoas usuarias.
- Interlocución e asistencia a reunións con concellos, entidades e institucións.
- Control e seguimento orzamentario dos servizos.
- Elaboración de informes técnicos e memorias de actividade.
- Resolución de incidencias e apoio ao equipo de auxiliares.
- Seguimento da calidade do servizo e do cumprimento dos protocolos establecidos.
Requisitos:
- Incorporación inmediata.
- Grao en Traballo Social.
- Valorable experiencia previa en posto similar.
- Carné de conducir e vehículo propio.
- Capacidade organizativa e de xestión de equipos.
- Habilidades de comunicación e resolución de conflitos.
- Manexo de ferramentas informáticas a nivel usuario.
Interesaods/as enviar o CV a seleccion@osventos.com ou ao 605118855
A túa empresa, no mapa das oportunidades do rural galego
Ofertas similares:
Asociación para a Prevención e a Educación Social
O Pereiro de Aguiar
· 13/08/2026