Técnico/a de mantemento
Coordinates of this location not found
Empresa
Tecglas S.L
Tecglass, S.L. empresa situada en Lalín, Pontevedra, é líder mundial na fabricación de solucións integrais de impresión dixital para a industria do vidro plano, da alta tecnoloxía, orientada á innovación permanente e totalmente internacionalizada
Sector
Mantemento
Condicións
Na empresa
Localización
Polígono Lalín 2000, 36512 Lalín, Pontevedra
Contacto
Preferencia: Email
seleccion@tecglass.es
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
Tecglass, S.L. empresa situada en Lalín, Pontevedra, necesita incorporar por ampliación de equipo un técnico de mantemento.
Misión:
Garantir o correcto funcionamento, conservación e dispoñibilidade da maquinaria, executando mantemento preventivo e correctivo para asegurar a continuidade produtiva, reducir paradas e cumprir cos estándares de calidade e seguridade.
Funcións:
- Planificación e execución do mantemento preventivo e correctivo da maquinaria e instalacións.
- Traballos de limpeza de instalacións e maquinaria.
- Colaboración na elaboración e actualización de procedementos de mantemento orientados á mellora continua.
- Participación no cumprimento das normas de seguridade e calidade.
Requisitos:
- FP Medio ou Superior en Mecatrónica, Mantemento Industrial ou similar.
- Experiencia previa en mantemento de maquinaria industrial.
- Persoa responsable, proactiva, autónoma e con capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de traballo en equipo e boa organización.
- Valorable residencia na zona.
Ofrecen:
- Incorporación a unha empresa tecnolóxica en crecemento.
- Proxecto estable e de longo percorrido.
- Quendas rotativas: 06:00–14:00 / 14:00–22:00 (cada 15 días).
- De forma excepcional, quenda de noite unha semana cada tres meses.
Interesados/as enviar o CV a seleccion@tecglass.es