Técnico/a de mantemento
Empresa
Coren
Sector
Mantemento
Condicións
Localización
Contacto
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
Buscamos incorporar técnico/a de mantemento para Ourense para incorporarse ao noso equipo co fin de garantizar o correcto funcionamento da nosa industria, asegurando o mantemento preventivo e corretivo de equipos, maquinarias e instalacións electromecánicas.
A persoa seleccionada formará parte dun equipo encargado de garantir o bo funcionamento da explotación, o coidado dos animais e o correcto mantemento das instalacións, contribuíndo ao seu benestar e ao cumprimento dos estándares de calidade.
Salario: 24.000€ – 28.000€ bruto/ano
Funcións do posto:
- Realizar mantemento preventivo e correctivo de equipos electromecánicos.
- Diagnosticar fallas eléctricas, mecánicas, neumáticas e hidráulicas.
- Reparar e sustituir compoñentes eléctricos e mecánicos.
- Interpretar planos eléctricos, diagramas e manuais técnicos.
- Executar probas do funcionamento e posta en marcha de equipos.
- Controlar e rexistrar actividades de mantemento.
- Cumprir normas de seguridade industrial e prevención de riscos.
- Coordinar con produción para minimizar tempos de parada.
- Participar en melloras continuas de procesos e equipos.
Requisitos:
- Formación técnica en Electromecánica, Electricidade Industrial, Mecatrónica ou afíns.
- Experiencia en mantemento industrial (desexable).
- Coñecementos en:
- Motores eléctricos.
- Automatismos e PLC.
- Neumática e hidráulica.
- Soldadura básica.
- Instrumentación industrial.
- Capacidade para o traballo en equipo, resolución de problemas e atención ao detalle.
- Dispoñibilidade para turnos rotativos (mañá, tarde e noite).
- Experiencia mínima: 1 ano.
- Estudos mínimos: Ciclo Formativo de Grao Medio.
Buscamos:
Unha persoa responsable, comprometida, con orientación a resultados, capacidade analítica, proactividade, organización e atención ao detalle.
Se che interesa formar parte dun equipo profesional e desenvolver a túa experiencia no sector gandeiro, esta pode ser a túa oportunidade.
Inscríbete!