Persoal para puntos violetas
Coordinates of this location not found
Empresa
Formaziona
Formaziona é unha entidade especializada en formación, intervención social e programas de igualdade, con proxectos centrados na prevención das violencias machistas, a sensibilización comunitaria e o acompañamento profesional en contornos educativos, sociais e culturais.
Sector
Educación e formación
Condicións
Na empresa
Localización
15960 Ribeira, A Coruña
Contacto
Preferencia: Email
laura.galan@formaziona.com
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
En Ribeira (A Coruña), estánna procura de persoal para Puntos Violetas para eventos do verán.
Datas:
- Festas da Dorna:
- Venres 17 de xullo, zona Banda o Río, con horariode 22.00 a 03.00h.
- Mércores 22 de xullo, zona do Malecón de 21.00 a 02.00h.
- Venres 24 de xullo, zona do Malecón de 22.00 a 03.03h.
- Festas de Ribeira:
- Mércores 29 de xullo, Lonxa Vella: na entrada da rotonda homenaxe a Amas de Casa (23.00 Actuación orquesta Panorama) de 23.00 a 03.00.
- Xoves 30 de xullo, Malecón: ao lado da Cruz Vermella (23.00 Actuación París de Noia) de 23.00 a 03.00h.
- Venres 31 de xullo, Lonxa Vella: a entrada da rotonda homenaxe a Amas de Casa (23.00 Urban Fest) de 23.00 a 05.30.
- Sábado 01 de agosto, Bandourrío: Praza de Pontevedra: entrada do auditorio vello (01.00 Actuacións de DJ) de 24.00 a 06.00h.
- Domingo 2 de agosto, Malecón: ao lado da Cruz Vermella (00.30. Actuación orquesta Nueva Línea) de 22.30 a 03.00.
Requiren:
- Formción e/ou experiencia en dinamización de actividades relacionadas coa prevención de violencias machistas así como coñecementos e manexo do protocolo da actuación nas violencias machistas.
- Deberá acreditar mínimo de 200 horas da referida formación así como experiencia mínima de 2 actuacións nos últimos tres anos.
Ofrecen:
- Salario de 14€ brutos/hora.
As persoas interesadas poden enviar o seu CV, a titulación e experiencia acreditable a laura.galan@formaziona.com