Peón/a fabricación maquinaria
Coordinates of this location not found
Empresa
Tecglass, S.L.
Tecglass, S.L. empresa situada en Lalín, Pontevedra, é líder mundial na fabricación de solucións integrais de impresión dixital para a industria do vidro plano, da alta tecnoloxía, orientada á innovación permanente e totalmente internacionalizada
Sector
Industria
Condicións
Na empresa
Localización
Polígono Lalín 2000, 36512 Lalín, Pontevedra
Contacto
Preferencia: Email
seleccion@tecglass.es
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
Tecglass S.L., empresa situada en Lalín (Pontevedra) e líder mundial na fabricación de solucións integrais de impresión dixital para a industria do vidro plano, busca Peón/a de Fabricación de Maquinaria para cubrir temporalmente unha baixa laboral de longa duración.
Funcións:
- Premontaxe e montaxe de compoñentes conforme ás especificacións técnicas.
- Desmonte, embalaxe e preparación de máquinas para expedición.
- Operacións de carga e descarga de camións e contedores.
- Preparación e limpeza de bastidores e estruturas para pintado.
- Apoio ao equipo de Produción nas tarefas diarias.
- Movemento e organización de materiais dentro da fábrica.
- Mantemento da orde e limpeza das instalacións.
Formación e requisitos:
- Formación e experiencia no uso de ponte guindastre e carretilla elevadora.
- Valorable experiencia en contornas industriais.
- Persoa dinámica, proactiva, organizada e con boa xestión do tempo.
- Capacidade de adaptación e orientación ao traballo en equipo.
- Valorable residencia na zona e dispoñibilidade para viaxar.
Ofrecen:
- Incorporación a unha empresa de alta tecnoloxía, en crecemento e orientada á innovación.
- Proxecto temporal con posibilidades reais de continuidade.
- Xornada continua de luns a venres (07:00–15:00 h).
- Valorable dispoñibilidade puntual para quenda de tarde (14:00–22:00 h).
As persoas interesadas poden enviar o seu CV a seleccion@tecglass.es