Operario/a de mecanizado
Empresa
Tecglass S.L
Tecglass, S.L. empresa situada en Lalín, Pontevedra, é líder mundial na fabricación de solucións integrais de impresión dixital para a industria do vidro plano, da alta tecnoloxía, orientada á innovación permanente e totalmente internacionalizada
Sector
Metal
Condicións
Na empresa
Localización
Polígono Lalín 2000, 36512 Lalín, Pontevedra
Contacto
Preferencia: Email
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
Tecglass, S.L. empresa situada en Lalín, Pontevedra, necesita incorporar por ampliación de equipo dous operarios/as de mecanizado.
Misión:
- Realizar operacións de mecanizado en fresadora e máquinas CNC, asegurando a calidade dimensional das pezas e o correcto desenvolvemento do proceso produtivo conforme aos estándares da empresa.
Funcións:
-
Operar e supervisar máquinas CNC e fresadora.
-
Preparación de material, utillaje e maquinaria segundo procesos establecidos.
-
Cambio de referencias segundo a planificación definida.
-
Mecanizado de bastidores de grandes dimensións en fresadora.
-
Mecanizado de pezas cumprindo tolerancias e requisitos de calidade.
-
Verificación dimensional e control de calidade de pezas do centro de mecanizado.
-
Interpretación de planos mecánicos e documentación técnica.
-
Realización de mantemento básico da maquinaria.
-
Mantemento da orde e limpeza do posto de traballo.
Formación e requisitos requeridos:
- Ciclo medio en Mecanizado, Ciclo Superior en Programación de Produción en Fabricación Mecánica ou similares.
- Experiencia previa en mecanizado CNC, especialmente en fresadora.
- Coñecementos sólidos de interpretación de planos, tolerancias e metroloxía.
- Persoa proactiva, responsable, con capacidade de traballo en equipo, atención ao detalle, e orientación á mellora continua.
- Valorable residencia na zona da oferta.
Ofrecen:
- Unirte a unha empresa en pleno crecemento da alta tecnoloxía orientada á innovación permanente e mellora continua.
- Proxecto laboral estable e de longo percorrido.
- Traballo a quendas rotativas mensuais en horario de 7:00 a 15:00 horas ou de 15:00 a 23:00 horas.
As persoas interesadas poden enviar o seu currículum actualizado a: seleccion@tecglass.es