Operario/a báscula
Coordinates of this location not found
Empresa
Coren
A maior cooperativa agroalimentaria cárnica de España, cunha traxectoria de 60 anos no sector da alimentación, onde contamos cunha ampla presenza nos mercados de avicultura, porcino e vacún.
Sector
Gandería
Condicións
Na empresa
Localización
Rúa Curros Enríquez, 15, 32630 Xinzo de Limia, Ourense
Contacto
Preferencia: Email
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
Buscamos incorporar un/a operario/a de báscula para traballar no concello de Xinzo de Limia.
Como operario/a de báscula encargaráaste de supervisar o fluxo de entrada e saída de camións de transporte de gando porcino, garantindo a precisión nas pesaxes, o control estrito da documentación sanitaria e o cumprimento dos nosos exixentes protocolos de bioseguridade.
Funcións principais:
- Xestión da pesaxe: Rexistrar o peso bruto e a tara dos camións para determinar os quilogramos netos exactos da carga.
- Control documental e sanitario: Verificar as guías oficiais de movemento de gando e os datos do transportista antes do acceso.
- Supervisión de bioseguridade: Comprobar rigorosamente os certificados de limpeza e desinfección dos vehículos.
- Apoio ao benestar animal: Realizar unha inspección visual inicial e informar de inmediato ao equipo veterinario ante calquera incidencia ou anomalía cos animais.
- Rexistro dixital: Introducir os datos no sistema informático e emitir os tics e albarás correspondentes.
Salario: 19.000€ bruto/ano
Requisitos:
- Estudios mínimos: bacharelato.
- Non requiren experiencia mínima.
Inscríbete!