Mecánico/a – Electromecánicos/as
Empresa
Talleres Chapí
Talleres Chapí é un taller especializado en mecánica e electromecánica de vehículos, coñecido na zona de Cea polo seu servizo profesional, reparacións integrais e mantemento de automóbiles.
Sector
Automoción
Condicións
Na empresa
Localización
Rúa da Saleta, 7, 32130 Cea, Ourense
Contacto
Preferencia: Email
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
Talleres Chapí, situado en Cea (Ourense), busca incorporar dúas persoas mecánicas ou electromecánicas con titulación e experiencia demostrable para formar parte do seu equipo profesional.
Ofrecen:
- Salario según convenio.
- Plus de produtividade.
- Formación continua.
- Xornada en horario continuo.
- Posibilidade de vehículo de empresa e teléfono de empresa.
Requisitos:
- Titulación en mecánica ou electromecánica.
- Experiencia previa no posto.
- Capacidade de traballo en equipo e compromiso.
As persoas interesadas poden enviar o seu currículo a oscarbarrosacrs@gmail.com.