Masaxista
Empresa
Hotel Spa Norat Torre do Deza
Hotel Spa Norat Torre do Deza é un establecemento hostaleiro de Lalín. Trátase do único hotel de 4 estrelas que hai nesta vila pontevedresa e en toda a comarca do Deza. Conta cun completo equipamento para desfrutar dunha estancia cómoda e agradable: centro spa, restauración, sala de xogos e lectura, centro de fitness, salóns para eventos e fantásticas habitacións, todo rodeado dunhas vistas sen igual.
Sector
Saúde e benestar
Condicións
Na empresa
Localización
Parque Empresarial 2000, s/n, 36512 Lalín, Pontevedra
Contacto
Preferencia: Email
direccion@torredodezahotel.com
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
O Hotel Spa Norat Torre do Deza busca extras para traballar días soltos no seu Spa de Lalín. É imprescindible que os/as candidatos/as teñan experiencia en masaxes e valorarán tamén que conte con coñecementos de estética.
Ao estar o hotel no polígono, precisarán vehículo para desprazarse ata o posto de traballo.
As persoas interesadas poden enviar o seu CV ao enderezo electrónico direccion@torredodezahotel.com.