O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Ficar aquí: asistente de márketing e desenvolvemento de proxecto dixital

Empresa

Ficar aquí

Ficar aquí é o portal de emprego e oportunidades do rural galego. O lugar na Rede no que unha empresa que precisa un traballador/a ou un emprendedor/a que precisa unha persoa profesional coa que colaborar, se encontran con persoas que apostan por vivir no rural galego. Queremos recoller as oportunidades de emprego que existen no rural en Galicia e facer que cheguen ás persoas interesadas nelas.

Sector

Comunicación e márketing

Condicións

Xornada completa
Teletraballo

Localización

Tixosa 7, Rebordechán. CP: 36491, Crecente (Pontevedra).

Contacto

Preferencia: Email
ola@arela.gal

Comparte esta oferta

Ficar aquí: asistente de márketing e desenvolvemento de proxecto dixital

Ficar aquí

Teletraballo

Xornada completa

05/08/2025

DESCRICIÓN

Hai persoas que queren traballar facendo algo que teña sentido. Que escriben ben, preguntan moito e escoitan mellor. Que senten curiosidade polo mundo, polas ideas novas de proxectos pequenos… e polas oportunidades que outros pasan por alto, sobre todo onde o rural late con forza. Se es unha delas, segue lendo.

En Arela buscamos unha persoa que nos axude co desenvolvemento do portal ficaraqui.gal, o portal de emprego e oportunidades do rural galego. Este é un proxecto dixital que fala de emprego, emprendemento e futuro no rural. Buscamos unha mente organizada, creativa e con ganas de sumar desde o principio.

A oferta está localizada en Rebordechán (Crecente), pero é para teletraballar, polo que poderás vivir onde ti queiras. Buscamos unha persoa que poida solicitar unha bolsa FEUGA, para matriculados/as e titulados/as universitarios ou de formación profesional, no ensino público.

Que farás no día a día?

  • Colaborar na comunicación e promoción de ficaraqui.gal a través das súas canles dixitais (web, redes, blog, etc.).
  • Crear textos e recursos que conecten coa xente que busca alternativas para quedar ou volver ao rural.
  • Apoiar na organización e seguimento de tarefas internas.
  • Buscar e detectar oportunidades na Galicia rural.
  • Participar na relación coas persoas usuarias da web e coas entidades colaboradoras.
  • Aportar ideas e melloras para facer medrar o proxecto.

Que esperamos de ti?

  • Que saibas escribir en galego con claridade e corrección.
  • Que che interese o rural, o emprendemento ou os proxectos con impacto social.
  • Que teñas interese por aprender e curiosidade.
  • Que te organices ben e que che guste traballar en equipo.
  • Que te sintas cómoda traballando en remoto e con autonomía.
  • Que teñas uns coñecementos básicos sobre ferramentas de márketing dixital ou aprendas rápido (redes sociais, WordPress…).

Que atoparás aquí?

  • Un proxecto que está medrando e que busca ter impacto no mundo rural de Galicia.
  • Un equipo que che vai ensinar e deixar facer.
  • Un espazo onde aprender, achegar ideas e medrar profesionalmente.
  • Flexibilidade para traballar desde onde queiras e presenza puntual cando haxa encontros de equipo.

Como aplicar a esta oferta?

Esta é unha oportunidade pensada para persoas sen experiencia laboral previa, que poidan acollerse a unha bolsa FEUGA, polo que é preciso cumprir unha serie de requisitos, o primeiro deles é estar matriculado ou ter rematados estudos universitarios ou de formación profesional superior no ensino público.

Se che gustou algo do que liches por aquí e cres que encaixas no que andamos buscando, escríbenos porque queremos coñecerte!

Mándanos un correo a ola@arela.gal no que inclúas o teu currículo actualizado e un pequeno texto contándonos por que che gustaría traballar en ficaraqui.gal e ocupar este posto. Non ten que ser nada formal, tan só queremos coñecer a túa motivación, o que te move e como cres que podes encaixar no equipo e no proxecto.

A túa empresa, no mapa das oportunidades do rural galego

Ofertas similares:

Fundación Roberto Rivas

Silleda

· 26/07/2024

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *