Enxeñeiro/a de produto
Empresa
Ebanistería Allariz
Ebanistería Allaríz é unha empresa especializada en carpintería e fabricación de mobiliario, centrada na creación de solucións en madeira tanto para proxectos a medida como para produción seriada. O seu traballo combina deseño técnico, calidade nos acabados e innovación nos procesos produtivos.
Sector
Ebanistería e carpintería
Condicións
Na empresa
Localización
POLÍGONO INDUSTIRAL DE CHORENTE, 2ª FASE, Nº 23, 32660 Allariz, Ourense
Contacto
Preferencia: Email
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
A empresa de carpintería Ebanistería Allariz busca un/ha Enxeñeiro/a de Produto para dar apoio no deseño e desenvolvemento de produtos de madeira e mobiliario.
Funcións:
- Elaboración de OFs e planos técnicos de carpintería e mobiliario.
- Apoio técnico á área de produción.
- Mellora de procesos e optimización de materiais.
Requisitos:
- Formación en Enxeñaría ou Deseño Industrial.
- Valóranse coñecementos de carpintería e materiais de madeira.
- Manexo de programas CAD (AutoCAD, SolidWorks ou outros).
- Capacidade para traballar en equipo.
As persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico info@ebanisteriaallariz.com ou 988 44 07 68