Creadora ou creador de contidos para redes sociais (Community Manager)
Empresa
Arela Márketing Sostible SL
Sector
Comunicación e márketing
Condicións
Localización
Contacto
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
Hai persoas que saben dicir moito en moi pouco. Que escriben como falan: claro, bonito, directo ao punto. Que ven un trend en TikTok e xa están pensando como adaptalo á súa marca. Se es unha delas, segue lendo.
En Arela buscamos unha persoa creativa e con paixón polas redes sociais para crear contidos que conecten cos públicos aos que van dirixidos. Alguén con sensibilidade polos proxectos pequenos, mirada estratéxica e gusto polo detalle.
Nós traballamos desde As Pontes de Gatín (Os Ancares), Rebordechán (Concello de Crecente) e Santaballa (Villalba) pero, como verás máis adiante, a oferta é para teletraballar. Poderás vivir onde ti queiras.
Que farás no día a día?
- Crear contidos para redes sociais: ideas, textos, vídeos, reels, carruseis, stories… Todo o necesario para contar historias que conecten.
- Participar na planificación e execución de calendarios de contidos para distintos clientes.
- Propoñer ideas frescas, adaptadas ao estilo e obxectivos de cada marca coa que traballamos.
- Gravar, editar e publicar pezas audiovisuais (en formatos pensados para redes sociais).
- Escribir copys que funcionen, sen perder a esencia da marca nin do que queremos contar.
Que esperamos de ti?
- Que saibas escribir ben e con estilo, en galego e castelán.
- Que che guste o mundo das redes sociais, esteas ao tanto das tendencias e saibas adaptar o que ves ao que precisa cada cliente.
- Que coñezas ou aprendas rápido sobre ferramentas de edición de vídeo e imaxe (Instagram, CapCut, Canva, etc.).
- Que teñas mirada creativa e un pouco de paixón polos detalles.
- Que sexas resolutiva, organizada e con ganas de aprender.
Que atoparás aquí?
- Flexibilidade e confianza: traballarás desde onde queiras (teletraballo), con encontros presenciais puntuais.
- Proxectos bonitos.
- Un equipo pequeno, comprometido e con bo ambiente laboral.
- Oportunidades de medrar e facer cousas que che gusten.
Como aplicar a esta oferta?
Se che gustou algo do que liches por aquí e cres que encaixas no que andamos buscando, aínda que non cumpras ao 100% cos requisitos, escríbenos porque queremos coñecerte!
Mándanos un correo a ola@arela.gal no que inclúas o teu currículo actualizado e un pequeno texto contándonos por que che gustaría traballar con nós e ocupar este posto. Non fai falta que sexa unha carta formal: queremos coñecer a túa motivación, o que te move e como cres que podes encaixar no equipo e no proxecto.
Non buscamos a persoa perfecta. Buscamos alguén con ganas, con sentido común e con ilusión por sumar no noso pequeno proxecto.