Controlador/a TAI (Auxiliar de control educativo)
Empresa
Asociación de Iniciativa Social Berce
Asociación de Iniciativa Social Berce é unha organización dedicada á atención, protección e acompañamento de menores en situación de vulnerabilidade, desenvolvendo programas socioeducativos e de intervención integral.
Sector
Asociacións e entidades sociais
Condicións
Na empresa
Localización
Rua Barro, 16, 36191 Barro, Pontevedra
Contacto
Preferencia: Email
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
A Asociación de Iniciativa Social Berce busca incorporar 3 persoas para o posto de Controlador/a TAI (Auxiliar de control educativo) no Centro de Protección de Menores de Barro (Pontevedra).
Funcións principais:
- Velar pola seguridade e control das persoas residentes no programa.
- Supervisar a asistencia e participación en actividades educativas, recreativas e terapéuticas.
- Intervir en situacións que requiran control ou contención, seguindo a normativa legal aplicable.
Requisitos:
- Experiencia previa en funcións de vixilancia e seguridade.
Condicións:
- Xornada completa.
- Turnos rotativos.
- Contrato indefinido.
- Condicións segundo o V Convenio Estatal de Protección e Reforma Xuvenil.
As persoas interesadas poden enviar o seu currículo ao correo:
laboral@asociacionberce.org
Indicando no asunto: “Puesto Auxiliar de control educativo BARRO”