Axudante de obrador
Empresa
Lento-Pan & Doces
Lento-Pan & Doces é unha cooperativa familiar que mestura tradición e modernidade partindo da simplicidade e buscando darlle un xiro divertido a todo o que fan. Elaboran pans e doces con ingredientes de alta calidade e respectuosos co medio ambiente. A masa nai e a fermentación prolongada en frío definen o seu pan, que conta cun sabor intenso e unha conservación excelente
Sector
Alimentación e bebidas
Condicións
Na empresa
Localización
Av. de Asturias, 21, 27700 Ribadeo, Lugo
Contacto
Preferencia: Email
lentocoop@gmail.com
635 757 354
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
En Lento-Pan & Doces, de Ribadeo, buscan un axudante de obrador especializado no forno. Valorarán a experiencia en traballos similares e que a persoa sexa responsable e teña ganas de medrar na panadería.
Tarefas principais:
- Experiencia previa en panadería, obrador ou traballos similares
- Persoa proactiva, autónoma e con iniciativa
- Capacidade para traballar en equipo e de xeito organizado
- Ganas de aprender e desfrutar do oficio
- Compromiso e desexo de estabilidade a longo prazo
Ofrecen:
- Bo ambiente de traballo
- Estabilidade laboral
- Incorporación a unha panadería con paixón polo que fai
Ofrecen máis información no número 635 757 354 e pódense enviar os currículos á dirección electrónica lentocoop@gmail.com.