Auxiliar de enfermería
Coordinates of this location not found
Empresa
Centro de Día SARAIVA MILLADOIRO
Saraíva é unha entidade especializada na atención e acompañamento de persoas maiores, con centros distribuídos por Galicia e unha metodoloxía centrada na persoa. Destacan polo seu enfoque humano, pola profesionalización dos equipos e pola creación de contornas seguras, respectuosas e estimulantes.
Sector
Saúde e benestar
Condicións
Na empresa
Localización
Rúa das Palmeiras, 26, 15895 O Milladoiro, A Coruña
Contacto
Preferencia: Email
rrhh@saraiva.es
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
En Saraíva Milladoiro buscan incorporar unha persoa ao seu equipo. Se che apaixona traballar con persoas maiores e tes unha titulación vinculada ao ámbito sociosanitario, esta pode ser a túa oportunidade.
Requiren:
- Titulación de Auxiliar de Enfermaría, ou formación similar:
- Atención a persoas en situación de dependencia
- Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria en institucións sociais
- Vocación, responsabilidade e bo trato ás persoas usuarias.
Condicións:
- Contrato temporal por cobertura de vacacións, do 17 de agosto ao 19 de outubro.
- Xornada completa, de luns a venres.
- Entorno profesional, estable e orientado ao coidado centrado na persoa.
Envía a túa candidatura a rrhh@saraiva.es, indicando no asunto “Vacante Milladoiro”, antes do 7 de agosto.