Administrativo/a
Empresa
Asociación Forestal de Galicia
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa propietarios forestais galegos, promovendo a xestión sostible dos montes e ofrecendo servizos técnicos, económicos e administrativos para apoiar o desenvolvemento do sector forestal.
Sector
Administración
Condicións
Na empresa
Localización
A Portela, 34, 36891 Ponteareas, Pontevedra
Contacto
Preferencia: Email
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) precisa incorporar un/ha administrativo/a para as súas oficinas en Ponteareas (Pontevedra).
Funcións:
- Realización de tarefas administrativas xerais.
- Elaboración, tramitación e arquivo de documentación.
- Apoio no departamento laboral: altas e baixas, contratos, incidencias, comunicacións.
- Atención e coordinación con diferentes áreas da entidade.
Requisitos valorables:
- Experiencia previa en tarefas administrativas.
- Coñecementos e experiencia en xestión laboral, nóminas e seguros sociais.
- Uso de ferramentas ofimáticas e follas de cálculo.
- Bo dominio de Excel.
- Capacidade de organización, atención ao detalle e traballo en equipo.
Ofrecemos:
- Incorporación estable a un equipo profesional e dinámico.
- Xornada completa.
- Salario competitivo acorde coa expereincia e valía da persoa candidata.
- Plan de carreira e desenvolvemento profesional a longo prazo.
- Contorna de traballo colaborativa.
Se estás interesado/a e crees que o teu perfil encaixa podes enviar o teu CV a afgxinzo@asociacionforestal.org indicando no asunto “Oferta administrativo/a Ponteareas”