Adestrador/a e coordinador/a de baloncesto
Coordinates of this location not found
Empresa
Club de Baloncesto Basketdeza
O Basketdeza é un club de baloncesto fundado en 1983, dedicado á formación deportiva e en valores, con equipos masculinos e femininos en todas as categorías base e un equipo sénior en competición federada.
Sector
Deporte
Condicións
Na empresa
Localización
Rúa Polideportivo, s/n, 36500 Lalín, Pontevedra
Contacto
Preferencia: Email
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
O Club de Baloncesto Basketdeza (Lalín) abre un proceso de selección para incorporar un/unha adestrador/a que, ademais de dirixir un equipo en competición, asuma tarefas de coordinación deportiva do resto de equipos e adestradores/as do club.
Funcións principais:
- Adestramento e dirección dun equipo en competición.
- Coordinación deportiva dos equipos desde premini ata sénior.
- Supervisión e apoio ao persoal técnico.
- Planificación de adestramentos e seguimento da progresión de xogadores/as e adestradores/as.
- Colaboración na organización deportiva xeral do club.
Requisitos:
- Experiencia previa como adestrador/a de baloncesto.
- Capacidade de liderado, organización e comunicación.
- Traballo en equipo.
- Titulación federativa.
- Valorarase formación académica relacionada.
Ofrécese:
- Contrato a media xornada (tardes), con alta na Seguridade Social.
- Retribución segundo experiencia e valía.
- Integración nun club con ampla traxectoria na Federación Galega de Baloncesto.
- Participación nun proxecto consolidado con equipos desde premini ata sénior.
As persoas interesadas poden enviar a súa candidatura e CV ao correo electrónico alamas@basketdeza.com