O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Os coliving de Galicia, unha nova maneira de atraer emprendedores ao rural que vai en aumento

Unha aldea despoboada onde vivir, teletraballar, facer comunidade e gastar menos. Nos últimos tempos naceron en Galicia varios colivings rurais ou o que é o mesmo: vivendas compartidas con espazos comúns para convivir e traballar durante un tempo limitado. Casas restauradas, para familias, ceas compartidas,… estes son algúns dos colivings ubicados no rural galego que máis nos chamaron a atención e que sumámos ao listado dos 10 motivos para Ficar Aquí!

SENDE

María e Edo, unha galega e un serbio, converteron hai 12 anos Senderiz – unha pequena aldea do concello ourensán de Lobeira – no primeiro coliving rural do mundo

Restauraron algunhas das casas abandonadas e convidaron a xente de todo o mundo a desconectar da súa realidade e a teletraballar, porque nesta altea presumen da súa conexión a Internet cunha velocidade media de subida e baixada de 160Mpbs. 

Este espazo coworking e coliving ten un aforo máximo de 30 persoas e con perfís profesionais de todo tipo.

ANCEU COLIVING

Outro coworking e coliving con lista de agarda agóchase en Anceu, unha pequena aldea de Ponte Caldelas (Pontevedra). A mediados do ano 2020, Agustín e África puxeron en marcha este proxecto no que se combinan traballo e ocio.

Neste espazo conviven unha media de entre 15 e 20 persoas que cean xuntos de luns a venres. Ademáis desta hai outras actividades conxuntas, como “Entre culturas” na que se reúnen de forma periódica xente do coliving procedente de calquera parte do mundo con xente da aldea. E cada un prepara un prato para o encontro.

GROWTH COLIVING

En Crecente (Pontevedra) agóchase un pequeno paraíso para todos aqueles nómadas dixitais ou traballadores en remoto que queiran vivir unha experiencia diferente e aos que lles guste a natureza.

Growth Coliving sitúase nun lugar privilexiado onde é posible facer sendeirismo, nadar nunha piscina privada e mesmo relaxarxe nunhas termas xaponesas. Aquí é obrigatorio si ou si facer comunidade polo que cada día prepara a cea un dos usuarios/as. Ofrecen ata 10 habitacións privadas con baño propio para estancias de 10, 15 e 30 días.

iSlow COSTA DA MORTE

O iSlow Costa da Morte é un espazo coliving e coworking rodeado de impresionantes paisaxes, dunha gran riqueza patrimonial e fermosas praias. Pero esta non é a única peculiaridade deste espazo ubicado no lugar de Serantes, en Laxe, xa que é o primeiro de todo o territorio español dirixido a profesionais que se moven coa súa familia.

Inés e Julio, e os seus mellizos, están detrás deste espazo que dispón de habitacións para unha, dúas e cinco persoas. 

PROXECTO FIXAR

Os colivins de Sende, Anceu e iSlow están incluídos dentro do proxecto Fixar, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, e que ten en marcha a súa segunda edición.

Os obxectivos deste programa son reter e atraer a persoas emprendoras para que atopen no rural galego unha oportunidade para vivir e traballar aproveitando todas as sinerxias que lles ofrece o territorio. Precisamente estes días están en pleno proceso de selección de 80 persoas para trasladar a súa residencia ao rural galego.

Comparte!

1 comentario en “Os coliving de Galicia, unha nova maneira de atraer emprendedores ao rural que vai en aumento”

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

“Moitas veces hai máis inspiración fóra da pantalla que dentro dela.” Desde Riotorto, Rocío constrúe o seu proxecto creativo, Efe Efe, combinando deseño, ilustración e unha forma de traballar conectada co territorio e coas persoas.

Ficar aquí

09/04/2026

Aparellos está integrado por un grupo de persoas que queren que o rural siga tendo vida e para iso traballan en que negocios a piques de pechar atopen relevo para poder seguir en funcionamento. Xa teñen presenza en tres provincias galegas, dado que contan con tendas en Moeche, Viveiro, Guitiriz e a Rúa

Ficar aquí

01/04/2026

O documental galego 360 Curvas recupera as mobilizacións veciñais da Fonsagrada nos anos 90. Falamos coa codirectora Ariadna Silva sobre o filme, a memoria, a comunidade e futuro do rural galego.

Ficar aquí

10/03/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *