O portal de emprego e oportunidades do rural galego

O GDR Limia-Arnoia estrea o seu propio portal de emprego e oportunidades

Foto para a entrada do blog sobre o espazo do GDR10 Limia-Arnoia dentro do portal Ficar Aquí

O GDR Limia-Arnoia dá un paso adiante para o impulso do emprego no seu territorio grazas ao recente acordo de colaboración con Ficar aquí. Este convenio permitiralle contar cun portal de emprego propio e desenvolver un traballo conxunto, entre o equipo de Ficar aquí e o persoal técnico do GDR, para a identificación e difusión de ofertas de traballo e outras oportunidades nos 25 concellos que integran o territorio do GDR Limia-Arnoia.

As oportunidades de emprego no territorio Limia-Arnoia

O futuro dos nosos concellos rurais depende, en boa medida, da creación de emprego e do impulso económico. No territorio Limia-Arnoia contan con empresas que precisan traballadores e traballadoras. E, coma en todos os concellos rurais, existen persoas que queren quedar ou ir vivir alí, sempre que teñan a oportunidade laboral adecuada.

Ficar aquí recolle todo tipo de oportunidades de emprego: desde ofertas de traballo tradicionais ata opcións de relevo xeracional en negocios locais ou proxectos impulsados por emprendedores que buscan persoas socias ou colaboradoras. Estes aspectos están profundamente ligados á realidade social e económica das nosas comarcas.

O GDR Limia-Arnoia convida a empresas, autónomos/as e persoas emprendedoras a rexistrar as súas oportunidades de xeito totalmente gratuíto directamente en Ficar Aquí. Todas as ofertas xeolocalizadas no territorio Limia-Arnoia aparecerán no portal de emprego propio do GDR, converténdose nun punto de encontro clave para quen queira traballar e vivir nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.

Se queres crear unha oportunidade e tes algunha dificultade, podes poñerte en contacto co equipo de Ficar aquí.

53 canles de Whatsapp para non perder ningunha oportunidade

Para facilitar o acceso á información, Ficar aquí non só conta cun portal web e redes sociais, senón tamén cun sistema de 53 canles de WhatsApp, unha por cada comarca galega. Así, podes subscribirte ás que máis che interesen e estar ao tanto das novas oportunidades que van xurdindo en cada zona.

Se formas parte do territorio, aquí tes as canles ás que te podes sumar:

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

“Moitas veces hai máis inspiración fóra da pantalla que dentro dela.” Desde Riotorto, Rocío constrúe o seu proxecto creativo, Efe Efe, combinando deseño, ilustración e unha forma de traballar conectada co territorio e coas persoas.

Ficar aquí

09/04/2026

Aparellos está integrado por un grupo de persoas que queren que o rural siga tendo vida e para iso traballan en que negocios a piques de pechar atopen relevo para poder seguir en funcionamento. Xa teñen presenza en tres provincias galegas, dado que contan con tendas en Moeche, Viveiro, Guitiriz e a Rúa

Ficar aquí

01/04/2026

O documental galego 360 Curvas recupera as mobilizacións veciñais da Fonsagrada nos anos 90. Falamos coa codirectora Ariadna Silva sobre o filme, a memoria, a comunidade e futuro do rural galego.

Ficar aquí

10/03/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *