O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Mulleres que facedes funcionar o rural, este premio é para vós!

Se es unha muller liderando un proxecto no rural galego ou coñeces a alguén que o faga, esta convocatoria pode ser de interese para ti, pero ollo, que pronto remata o prazo… 

Está aberta a XVI edición dos Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales, unha iniciativa que busca poñer en valor o traballo e os proxectos de vida das mulleres no rural. Porque si, hai moitas mulleres que non teñen visibilidade nos medios pero que seguen adiante desde o rural, innovando, creando emprego e revitalizando o territorio.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación premia cada ano proxectos innovadores e sostibles liderados por mulleres, recoñecendo o seu esforzo en diferentes ámbitos. Este ano, a convocatoria conta cunha dotación total de 150.000 euros en premios e distingue catro categorías:

  • Excelencia á innovación na actividade agraria
  • Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola
  • Excelencia á innovación na diversificación da actividade económica no medio rural
  • Excelencia á comunicación

Ademais, hai tamén un premio especial para recoñecer a traxectoria de mulleres ou entidades que levan anos loitando polo desenvolvemento do rural.

Entre as premiadas noutras edicións, temos moitas referentes do rural galego, como poden ser as mulleres que lideran Milhulloa, a Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Río Anllóns, Granxa Maruxa, Hifas da Terra, A Parada das Bestas, a Asociación Cultural Mulleres do Mar de Cambados, Conservas Artesanas Curricán, Trasdeza Natur ou a Cooperativa A Carqueixa entre moitas outras. Podes velas todas aquí.

Se queres participar ou sabes dunha muller que fai un traballo que merece ser recoñecido, podes atopar toda a información e as bases da convocatoria na web do Ministerio e na súa sede electrónica. Na propia web do Ministerio tamén hai unha sección de preguntas frecuentes sobre esta convocatoria. O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de abril ás 23:59 horas.

Esta é unha oportunidade para dar visibilidade ao traballo das mulleres que manteñen vivo o rural. Compárteo e fai que lle chegue ás mulleres que deberían participar!

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

O GDR Montes e Vales Orientais é unha entidade clave para o desenvolvemento rural da montaña oriental de Lugo. Nesta entrevista coñecemos o seu traballo, os proxectos que impulsa, o papel das axudas LEADER e os principais retos do territorio, como o despoboamento, o relevo xeracional e a creación de oportunidades para vivir e emprender no rural.

Ficar aquí

05/06/2026

Algúns municipios do rural galego están reformando inmobles públicos en desuso para ofrecelos como vivendas de alugueiro social coas que axudan a persoas necesitadas e tamén loitan contra o despoboamento

Ficar aquí

29/05/2026

Falamos co GDR 12 Carballiño-Ribeiro para coñecer de primeira man o seu papel no desenvolvemento rural galego, o apoio ao emprendemento e as oportunidades no territorio.

Ficar aquí

30/04/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *