O portal de emprego e oportunidades do rural galego

O espazo propio do GDR Limia-Arnoia en Ficar Aquí xa reúne máis de 50 oportunidades e ofertas de emprego do seu territorio

Desde Ficar Aquí estamos traballando, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento (GDR) Rural Limia-Arnoia, nunha campaña conxunta coa que buscamos agrupar nun mesmo portal todas as ofertas de emprego e oportunidades que existen nos 25 concellos que conforman o territorio que abrangue esta entidade. Agora mesmo xa son máis de 50 as ofertas de emprego e oportunidades que están penduradas no espazo específico que ten o GDR Limia-Arnoia dentro de Ficar Aquí. E é un número que seguirá medrando nas próximas semanas e meses.

Estas ofertas, ademais, están sendo difundidas a través das diferentes canles de Whatsapp de cada unha das comarcas nas que se encadran estes municipios: Allariz-Maceda, Limia, Baixa Limia e Terra de Celanova. Deste xeito, as persoas que seguen estas canles reciben directamente nos seus móbiles as últimas novidades sobre emprego e venda, traspaso ou alugueiro de negocios no seu municipio e arredores.

A coordinadora do GDR10 Limia-Arnoia, Eva González, considera que esta é unha iniciativa que pode axudar a evitar o despoboamento do rural e a incrementar as opcións de que os emprendedores aposten por continuar no entorno e non se vaian ás grandes cidades. “O futuro dos concellos do noso territorio pasa pola creación de emprego e o desenvolvemento económico. É importante conservar o tecido empresarial existente e que xurdan novos negocios que tiren proveito dos nosos recursos. Queremos que as persoas que apostan por vivir e traballar aquí, poidan atopar no portal de emprego do GDR10 a oportunidade que están a buscar e desa maneira contribuír a fixar poboación no territorio”, explica.

Desde Ficar Aquí realizamos nas últimas semanas un intenso traballo de campo para presentarlle ás empresas e asociacións empresariais da zona o portal, tanto pola vía epistolar a través do correo electrónico como mesmo chamando directamente a aquelas que contan cun maior número de empregados no seu plantel. Neste traballo constatouse a importancia do sector turístico e servizos na zona, así como a necesidade imperiosa que teñen moitos negocios do territorio de recrutar profesionais da construción, electricistas, soldadores, carpinteiros ou chóferes de camión e tráiler, entre outros perfís. Do mesmo xeito, xa aparecen algúns negocios, tales como unha clínica dental que se traspasa en Celanova ou un taller mecánico que se aluga na Bola, cuxa venda, alugueiro ou traspaso é importante visibilizar e difundir para que acaben atopando novos administradores e así non se perdan máis servizos nas vilas de mediano e pequeno tamaño.

Con esta aposta polo portal de emprego, o GDR10 Limia-Arnoia cumpre cunha das metas coas que naceu, que non é outra que traballar para a mellora da calidade de vida e o desenvolvemento rural das comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terra de Celanova. Así mesmo, desde Ficar Aquí lembramos que todas aquelas persoas que busquen traballo ou teñan unha oferta de emprego ou oportunidade que queiran visibilizar, poden facelo rexistrándose de xeito totalmente gratuíto no portal e subíndoa tamén sen ningún tipo de custo.

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

Coñecemos o GDR 10 Limia-Arnoia e o seu traballo para impulsar o desenvolvemento rural, o emprendemento e as oportunidades no sur de Ourense.

Ficar aquí

27/07/2026

O GDR Montes e Vales Orientais é unha entidade clave para o desenvolvemento rural da montaña oriental de Lugo. Nesta entrevista coñecemos o seu traballo, os proxectos que impulsa, o papel das axudas LEADER e os principais retos do territorio, como o despoboamento, o relevo xeracional e a creación de oportunidades para vivir e emprender no rural.

Ficar aquí

05/06/2026

Algúns municipios do rural galego están reformando inmobles públicos en desuso para ofrecelos como vivendas de alugueiro social coas que axudan a persoas necesitadas e tamén loitan contra o despoboamento

Ficar aquí

29/05/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *