O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Lumes, a mesma historia de sempre

Estes días observamos cunha fonda tristura todo o que está acontecendo nos nosos montes e en moitas aldeas e localidades pequenas que se están vendo rodeadas polo lume. Destrución, sufrimento, rabia, desesperación, impotencia… E o medio de vida de moita xente que se esvaece en menos dun minuto. Moi duro.

Faise dificil ficar aquí porque o coidado e mantemento dos montes non pode recaer unicamente nas persoas que habitamos o rural.

Máis e máis hectáreas arrasadas.

Pídennos desaloxar as aldeas e deixar arder o noso, porque é imposible paralo.

Desesperación e impotencia tentando salvar casas, gando, maquinaria, espazos naturais únicos…

Lumes, outro ano máis. Pero coa mesma capacidade de reacción e a mesma preparación que se nos collese por sorpresa.

Para poder ficar aquí (no rural) hoxe necesitamos medios e axuda para extinguir os incendios. O resto do ano necesitamos medios para protexer e previr (isto tampouco é novo, hai anos que tamén o sabemos).

Que é o que falla en todo isto? É incompetencia, desidia ou interese?

Xa que estamos, tamén necesitamos outro tipo de medios: medios de comunicación públicos que informen. Doe e avergonza sintonizalos e que teñan programas en directo sobre contidos de verán e festas, mentres Galicia arde, mentres hai xente que se xoga a vida por parar os lumes ou salvar as casas.

PS: As imaxes que acompañan este texto son da Brigada Forestal de Laza. Vaia desde aquí o noso infinito agradecemento a todos aqueles brigadistas e persoas que están loitando estes días contra os lumes poñendo todo o seu esforzo e saber facer. Esa xente si merece ser premiada coas maiores distincións que temos en Galicia.

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

Coñecemos o GDR 10 Limia-Arnoia e o seu traballo para impulsar o desenvolvemento rural, o emprendemento e as oportunidades no sur de Ourense.

Ficar aquí

27/07/2026

O GDR Montes e Vales Orientais é unha entidade clave para o desenvolvemento rural da montaña oriental de Lugo. Nesta entrevista coñecemos o seu traballo, os proxectos que impulsa, o papel das axudas LEADER e os principais retos do territorio, como o despoboamento, o relevo xeracional e a creación de oportunidades para vivir e emprender no rural.

Ficar aquí

05/06/2026

Algúns municipios do rural galego están reformando inmobles públicos en desuso para ofrecelos como vivendas de alugueiro social coas que axudan a persoas necesitadas e tamén loitan contra o despoboamento

Ficar aquí

29/05/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *