O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Ficar Aquí, 2º premio Semente Ribeira Sacra a mellor proxecto de emprendemento rural 2024

Posado en grupos dos finalistas e premiados na décima edición do Concurso Semente Ribeira Sacra a mellor proxecto de emprendemento rural 2024

Hoxe queremos amosar a nosa ledicia pola concesión o pasado sábado 26 de outubro do segundo premio da décima edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, galardóns que se deron a coñeceron no transcurso dunha cea de confraternidade no Parador de Monforte de Lemos. Este certame premia aqueles proxectos innovadores que teñen como obxectivo principal desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos.

Para nós é un inmenso orgullo que o noso portal de emprego e oportunidades no rural fose premiado nunha edición tan especial como a do décimo aniversario. Xa ser seleccionados por segundo ano consecutivo entre os 10 finalistas dun total de 85 iniciativas presentadas era motivo de satisfacción, pero máis o foi aínda recibir ese recoñecemento, dotado ademais con 6.000 euros, que seguro nos vai axudar a seguir impulsando o lanzamento dun portal que cremos que pode colaborar co desenvolvemento do rural e a loita contra o seu despoboamento.

Desde Ficar Aquí agradecemos a aposta feita pola asociación Semente Monforte para pór en marcha estes premios e, sobre todo, por mantela durante xa dez anos. Cremos que, alén dos premios económicos, que evidentemente tamén son moi importantes e serven de gran axuda para emprender e darlle un empurrón importante a estes proxectos empresariais, certames así serven de estímulo para mellorar as ideas e as iniciativas presentadas. Ou polo menos no noso caso foi así. Oxalá os premios Semente Ribeira Sacra sigan polo menos outros dez anos máis. Moitas grazas a todos os que formades partes da asociación, con Pilar López, a súa presidenta, á cabeza!!!  

85 proxectos e 10 finalistas

Tamén felicitamos a todos as persoas que están detrás dos 85 proxectos que se presentaron nesta edición e moi especialmente aos nove proxectos que nos acompañaron nas presentacións realizadas durante a mañá do pasado sábado no Parador de Monforte. Aos sete compañeiros e compañeiras que se foron sen conseguir un dos tres premios só podemos dicirlles que non perdan o ánimo e perseveren, porque sempre hai unha segunda oportunidade. Ficar Aquí é un bo exemplo disto.

E por suposto, os nosos parabéns máis especiais para as persoas que impulsan os proxectos de ‘Enzicas, aceleradora de queixos e embutidos con castañas’, vencedor do terceiro premio, dotado con 4.000 euros; e ‘Gemma & Naza Cheesecakes’, gañadores do primeiro premio, que ten un asignación de 10.000 euros. Foi un inmenso pracer compartir este particular ‘podio’ con eles e oxalá o premio lles sirva para desenvolver plenamente os seus proxectos. Será unha grandísima noticia para o noso rural.

Finalmente, agradecer tamén a presenza dos representantes das administracións e das empresas privadas que colaboran con estes premios Semente Ribeira Sacara. Foi o sorte poder presentar o proxecto diante da conselleira de Medio Rural, María José Gómez; a directora xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Paz Rodríguez Rivera; o director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; as directoras territoriais da Consellería de Emprego en Ourense e Lugo, Marta Vázquez e Carmen José López; así como varios deputados autonómicos, representantes das deputacións de Lugo e Ourense, alcaldes da Ribeira Sacra e responsables das universidades galegas e das empresas que colaboran co certame, cos que agardamos poder traballar nos vindeiros meses.

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

“Moitas veces hai máis inspiración fóra da pantalla que dentro dela.” Desde Riotorto, Rocío constrúe o seu proxecto creativo, Efe Efe, combinando deseño, ilustración e unha forma de traballar conectada co territorio e coas persoas.

Ficar aquí

09/04/2026

Aparellos está integrado por un grupo de persoas que queren que o rural siga tendo vida e para iso traballan en que negocios a piques de pechar atopen relevo para poder seguir en funcionamento. Xa teñen presenza en tres provincias galegas, dado que contan con tendas en Moeche, Viveiro, Guitiriz e a Rúa

Ficar aquí

01/04/2026

O documental galego 360 Curvas recupera as mobilizacións veciñais da Fonsagrada nos anos 90. Falamos coa codirectora Ariadna Silva sobre o filme, a memoria, a comunidade e futuro do rural galego.

Ficar aquí

10/03/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *