O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Coñecemos ao GDR 12 Carballiño-Ribeiro: clave no desenvolvemento rural galego

No rural galego existen múltiples entidades que traballan polo territorio, pero hai figuras fundamentais que moitas veces pasan desapercibidas: os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Organizacións clave para dinamizar a economía local, apoiar o emprendemento e mellorar a calidade de vida.

Falamos con Rodrigo González Hermida, técnico do GDR 12 Carballiño-Ribeiro dende 2010, para coñecer de primeira man o traballo desta entidade clave no desenvolvemento rural.

📍En que territorio traballa o GDR 12?

A Asociación de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro comprende un territorio amplo.

  • Na Comarca do Carballiño traballamos con: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.
  • Na Comarca do Ribeiro incluímos: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia, ademais de Padrenda e Pontedeva.

🤝 Que entidades forman parte do GDR e cómo se desenvolve ese traballo?

O GDR conta con máis de 255 socios. Entre as entidades públicas atópanse case todos os concellos do territorio, en total 24. No ámbito privado hai unha gran diversidade de entidades sen ánimo de lucro:

  • 27 asociacións de mulleres
  • 6 asociacións xuvenís
  • 7 de acción social
  • 5 de protección do medio ambiente
  • 7 do sector agrario
  • 11 de empresarios e asociacións profesionais
  • 117 culturais
  • 3 de termalismo
  • 4 do sector do viño
  • 49 forestais
  • 5 de desenvolvemento local

A asociación fundouse en 2008 cunha participación moi elevada. A implicación da poboación é bastante alta, aínda que non todas as entidades participan sempre do mesmo xeito.

O traballo conxunto desenvólvese principalmente a través de reunións sectoriais cando se elabora a estratexia. Non é posible reunir a todas as entidades ao mesmo tempo, polo que se organizan mesas por sectores. En cada mesa expóñense as necesidades e carencias do territorio desde diferentes perspectivas, e con toda esa información constrúese a estratexia global. As entidades reúnense en conxunto nas asembleas.

🎯Cales son os vosos obxetivos principais para os próximos anos?

Os obxectivos están marcados pola estratexia europea e son fundamentalmente cinco:

  1. Fomentar a creación de novas empresas e mellorar as existentes
  2. Mellorar o sector da transformación agroalimentaria e, se é posible, fomentar a agroecoloxía
  3. Conservar o patrimonio rural, cultural e etnográfico
  4. Incrementar os servizos básicos para mellorar a calidade de vida
  5. Promover a responsabilidade social e a participación activa da sociedade

💶 Os GDR teñen como unha das súas responsabilidades principais a xestión das axudas LEADER. Como contribuíron e como poden contribuír ao desenvolvemento do territorio?

Estas axudas afectan maioritariamente a empresas. O 65% dos fondos destínase a proxectos produtivos (os que xeran beneficios económicos).

O noso papel non é só o de “censores” que revisan papeis, senón o de asesores.

A burocracia é un hándicap moi alto e moitas veces os promotores veñen “a cegas”. Nós axudamos a interpretar a normativa —por exemplo, explicando que un soldo é un gasto e non un investimento subvencionable— e revisamos que a documentación estea correcta (ofertas asinadas, seladas, etc.) antes de enviala a Agader en Santiago. Isto evita requerimentos posteriores, dobre traballo e o enfado dos solicitantes.

🌱 Que proxectos impulsa ou en que proxectos participa o GDR? 

Agora mesmo estamos valorando participar nun proxecto de cooperación con outros GDR que teñan Denominación de Orixe de viño. As zonas vitivinícolas de Ourense (Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra e Ribeiro) compartimos os mesmos problemas: clima, contratación e loxística. Queremos traballar xuntos niso, aínda que hoxe por hoxe o proxecto está en fase de reunións previas.

📊Que tipo de iniciativas ou proxectos considerades prioritarios para xerar emprego e dinamizar a economía local?

Todo o que xere emprego é prioritario. Nas nosas puntuacións valoramos especialmente que as empresas creen novos postos ou que, como mínimo, manteñan os existentes. Tamén puntuamos máis se se contrata a mulleres, a persoas con discapacidade ou a xente que resida no propio territorio.
En conxunto, estes criterios contribúen ao cumprimento dos obxectivos estratéxicos e ao impulso da economía local.

🔄Está sendo o relevo xeracional un dos principais hándicaps que vos atopades á hora de que pequenos negocios sigan funcionando no voso territorio?

Sí, sen duda, pero como GDR, o que facemos é asesorar aos promotores sobre o proxecto Remuda, unha iniciativa da Consellería de Emprego que ofrece axudas para o traspaso de negocios existentes por xubilación.

Porén, nós non xestionamos directamente este programa; parécenos que, habendo unha Consellería e oficinas exclusivas para iso, sería meternos onde non somos expertos. O que facemos é derivar a esa persoa ao Polo de Emprendemento do Carballiño, onde reciben o asesoramento técnico e específico que necesitan para ese trámite.

🍇Temos un rural diverso e con necesidades diferentes. Por onde pasa o futuro do rural nos vosos concellos? Que sector ou sectores económicos son os máis relevantes?

O sector máis relevante no noso territorio é, sen dúbida, o vitivinícola. O que estamos a observar é que o sector se está asentando e ampliando en calidade, pero tamén derivando con moita forza cara ao turismo, especialmente ao enoturismo. Moitas bodegas anímanse xa a facer catas, visitas e incluso teñen a intención de aumentar a oferta con aloxamento.

De feito, nos últimos anos hai un auxe enorme de solicitudes de aloxamento turístico, sobre todo no Ribeiro pero tamén no Carballiño. Son zonas atractivas pero con poucas prazas, o que provoca un desaproveitamento: o turista acaba durmindo noutra zona e o gasto vaise con el.

O gran hándicap que frena este potencial é a comunicación; a perda de frecuencias de trens e o feito de que moita xente non queira ou non poida conducir dificulta que o turismo e os servizos se desenvolvan plenamente.

Viñedos en el término municipal de Beade

🏡O despoboamento é un reto clave no rural. Como vos afecta e como podemos tentar frealo?

Nós combatemos o despoboamento a través do noso sistema de baremación.

Valoramos con máis puntuación os proxectos que se sitúan en concellos con maior índice de envellecemento e menor poboación. Por poñer un exemplo, un proxecto nun núcleo pequeno terá prioridade sobre un situado no Carballiño, que gaña habitantes por ser cabeceira.

O obxectivo é incentivar que a xente se anime a investir e vivir nos núcleos de poboación máis castigados pola perda de veciñanza.

🌿Cómo de importante é o coidado do patrimonio natural e histórico? Como debe ser o desenvolvemento do sector turístico?

Nós funcionamos dentro dunha burocracia que xa existe e respetámola ao máximo. Non somos técnicos en patrimonio nin en turismo, así que nos apoiamos nos seus informes: se un concello quere actuar sobre unha fonte ou un cruceiro protexido, esiximos o permiso de Patrimonio. O mesmo ocorre co turismo; se o informe previo di que falta aloxamento en Rivadavia, nós tiramos para adiante coa axuda.

Damos unha prioridade alta a estes temas: os proxectos non produtivos de patrimonio poden acadar ata un 90% de subvención, e na nosa estratexia está previsto apoiar sempre os aloxamentos e casas de comidas que conten co visto e prace oficial.

💬Que mensaxe lle trasladaría á veciñanza sobre o valor do desenvolvemento rural e as figuras do GDR?

O principal problema é que a xente non coñece o GDR ata que ten a necesidade de buscar unha subvención. As nosas convocatorias non están sempre abertas (a última pechou o 6 de abril, por exemplo) e moitas veces o emprendedor entérase cando o prazo xa rematou. Aínda que informamos por redes, prensa e concellos, é lóxico que quen non ten un interese inmediato non estea pendente do DOGA todos os días.


A miña mensaxe é que oportunidades hai moitísimas. Internet está chegando a todo o rural e iso dá un valor enorme para investir. Pero para que isto funcione, son básicos os medios de transporte e a comunicación cos mercados. A miña recomendación é que a xente se informe con tempo e pase polo GDR ou polos axentes de emprego para asesorarse.

As oportunidades existen, pero hai que preparar as cousas ben para que a burocracia non acabe sendo un impedimento por falta de previsión.

Detrás do rural hai moito máis do que parece.
👉 Se queres coñecer máis sobre o GDR 12 Carballiño-Ribeiro, podes consultar a súa web e contactar directamente con eles

👉 No noso blog atoparás máis historias, entidades e oportunidades no rural.
E se tes algo en mente, fala con nós e vemos como facelo posible.

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

O GDR Montes e Vales Orientais é unha entidade clave para o desenvolvemento rural da montaña oriental de Lugo. Nesta entrevista coñecemos o seu traballo, os proxectos que impulsa, o papel das axudas LEADER e os principais retos do territorio, como o despoboamento, o relevo xeracional e a creación de oportunidades para vivir e emprender no rural.

Ficar aquí

05/06/2026

Algúns municipios do rural galego están reformando inmobles públicos en desuso para ofrecelos como vivendas de alugueiro social coas que axudan a persoas necesitadas e tamén loitan contra o despoboamento

Ficar aquí

29/05/2026

“Moitas veces hai máis inspiración fóra da pantalla que dentro dela.” Desde Riotorto, Rocío constrúe o seu proxecto creativo, Efe Efe, combinando deseño, ilustración e unha forma de traballar conectada co territorio e coas persoas.

Ficar aquí

09/04/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *