O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Campo Galego, un medio dixital especializado en darlle voz ao agro

Campo Galego é un medio dixital dedicado en exclusiva a cubrir o mundo do agro galego. Todas as novas que xeran os sectores agroforestal e agrogandeiro en Galicia teñen cabida neste medio especializado que o pasado mes de febreiro sopraba as candeas do seu décimo aniversario e que na actualidade conta cunha redacción formada por oito xornalistas e ten un fluxo de visitas diaria de entre 8.000 e 10.000. O seu traballo nesta década dándolle voz ao que sucede no rural galego foi creando aos poucos unha comunidade que hoxe en día abrangue a máis de 30.000 usuarios nas redes sociais, sendo o seu forte Facebook, onde xa acumula 28.000 seguidores.

Estes datos e o traballo dunha década cunha actualización diaria de contidos coloca a Campo Galego como o medio de referencia para o sector agrogandeiro en Galicia e unha das páxinas especializadas máis lidas tamén a nivel español, con versións tanto en idioma galego como castelán de todas as informacións propias que publican diariamente.

Campo Galego, que se presenta co apelido de ‘xornal dixital agrario‘, ofrece unha información divulgativa e de servizo dirixida ao colectivo de profesionais do agro, pero tamén conta como se leva a cabo a transformación e distribución dos produtos agroalimentarios, “unha liña informativa de interese para o conxunto da sociedade, que cada vez demanda máis unha alimentación con produtos de calidade e de proximidade”, sinalan, ao tempo que recalcan que “o proxecto quere contribuír á difusión dunha imaxe actualizada do agro galego tanto en Galicia como no resto do Estado”.

Campo Galego saía á luz por primeira vez o 11 de febreiro de 2015 impulsado e codirixido polos xornalistas Gonzalo Brocos e David González. Cun equipo formado por outros seis xornalistas (Noelia Cortizo, Camilo Friol, Alejandro Gómez, Laura Martínez, Iago Seoane e Andrés Pavo), compaxinan as noticias coas pezas audiovisuais que preparan Alejandro Gómez e Iago Seoane co obxectivo principal de “dar voz a todo o mundo no rural”, aseguran desde o portal.

Convertéronse neste tempo no reflexo do puxante sector primario galego en sectores como o lácteo, o forestal ou o cárnico, tocando tamén outros como o apícola ou o vitivinícola, e dándolle cabida no portal ademais a todo o traballo que realizan os produtores, ás problemáticas que afrontan, ás variacións dos prezos ou tamén ás novas lexislacións, ás axudas existentes ou outros aspectos sobre o desenvolvemento do rural.

Do mesmo xeito, inciden tamén en aspectos que, se cadra, non cubría ninguén ata o momento da posta en marcha de Campo Galego, ou cando menos non o facían dun xeito diario e especializado. Un destes aspectos é, por exemplo, “a transferencia de coñecementos da Universidade cara os produtores”, unha eiva que detectaron porque “apenas ninguén falaba diso e agora moita xente decátase das innovacións que se levan a cabo grazas a que llelo contamos nós”, apuntan.

Portal Innova

Para afondar na divulgación destas cuestións que se están desenvolvendo na Universidade e noutros centros de investigación e que así lle cheguen dun xeito máis directo e claro aos produtores que traballan sobre o terreo, tempo atrás crearon un portal novo baixo o nome de Innova. Trátase dunha fiestra onde se concentra todas as cuestións que se están desenvolvendo en Galicia a nivel de innovación no rural e no sector agrogandeiro.

Esta vocación de servizo público e de servir de correa de transmisión das ferramentas que poden axudar aos gandeiros a mellorar as súas explotacións e negocios tamén aparece á hora de difundir contidos de utilidade para a súa audiencia como poden ser as novas liñas de axuda ou cuestións de actualidade normativa como as diferentes lexislacións que van aparecendo ou que van mudando. Así mesmo apostan por ofrecer pezas nas que amosan boas prácticas e consellos á hora de realizar algunhas tarefas no campo.

A publicación de reportaxes nas que os produtores contan en primeira persoa a labor que están facendo, as iniciativas empresariais que puxeron en marcha e as súas experiencias son outras das constantes de Campo Galego, co que cumpren cun dos seus obxectivos principais, que é darlle voz a todo o mundo no rural. Cun enfoque informativo centrado no sector produtor, prestan tamén servizos de comunicación ás empresas do sector.

Finalmente, este dixital informativo conta cunha comunidade viva e que se axusta tamén aos ciclos do traballo no agro, xa que a audiencia diaria sube ou baixa en función da época do ano. “A  media de visitas diaria está entre 8.000 e 10.000, pero varía en función dos contidos, pero tamén do traballo da xente. Por exemplo, na época de ensilado percibimos que as visitas baixan ou botan menos tempo lendo, pero logo aumentan noutros momentos do ano”, apuntan.

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

Dez finalistas chegaron á fase definitiva dun concurso que repartirá 20.000 euros en premios entre os tres mellores proxectos

Ficar aquí

06/11/2025

É imposible ficar aquí, no noso rural, se se seguen cometendo ano tras ano os mesmos erros que acaban con miles de hectáreas de monte calcinadas e o medio de vida de moita xente totalmente arrasado

Ficar aquí

16/08/2025

A campaña conxunta que desenvolven o portal de emprego e a entidade que agrupa a 25 concellos da provincia de Ourense pretende visibilizar todas as opcións existentes na zona

Ficar aquí

24/07/2025

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *