O portal de emprego e oportunidades do rural galego

As claves do acordo UE-Mercosur

Manifestación en Lugo de Agromuralla en contra da sinatura do tratado comercial entre a UE e Mercosur

Os gandeiros e agricultores galegos están en pé de guerra unha vez máis. Nesta ocasión é pola sinatura do tratado entre a UE e Mercosur, un acordo que, entenden, vai na contra dos seus intereses e supón un golpe na liña de flotación de cara á viabilidade futura das súas explotacións e do seu traballo porque cren que vai fomentar unha competencia desleal entre eles e os produtores suramericanos. Neste artigo imos tentar explicar as liñas mestras dun acordo que pode cambiar as regras do xogo para varios segmentos do sector primario galego.

Este acordo comercial entre a Unión Europea e os Estados do Mercado Común do Sur (Mercosur) leva cocéndose desde o 1999, ano no que comezaron as negociacións, e non foi ata dúas décadas despois cando os dous organismos supraestatais chegaron a un punto en común. A sinatura oficial do acordo está prevista para este sábado 17 de xaneiro en Asunción, a capital paraguaia, pero a aprobación definitiva aínda terá que superar unha votación máis no Parlamento Europeo.

Manifestación na Coruña diante da Subdelegación do Gobierno en Galicia. Autor: Sindicato Labrego Galego

En primeiro lugar é importante explicar que forman Mercosur os estados de Brasil, Arxentina, Uruguai e Paraguai, pero tamén conta con outros estados asociados como Chile, Ecuador ou Colombia. Venezuela tamén era socio de pleno dereito ata o 2017, cando foi suspendido.

O principal obxectivo da alianza é de tipo comercial, xa que suporá a eliminación progresiva de distintos aranceis das mercadorías que se exportan entre os países que conforman estes dous grandes organismos supraestatais. Grosso modo, a intención é poñer en marcha un tratado de libre comercio entre Europa e América do Sur, con algunhas excepcións e coa intención de introducir a UE a última hora certas salvagardas. Isto suporía crear a maior zona de libre comercio do mundo na actualidade, superando os 750 millóns de consumidores potenciais.

O acordo divídese en dúas grandes áreas. Por un lado está o Acordo Comercial Provisional (ACP) e polo outro lado o Acordo de Asociación UE-Mercosur (AAEM), que está máis enfocado ao investimento e á cooperación política entre membros dos dous bloques. Os dous acordos teñen que ser aprobados polo Consello e o Parlamento Europeo, pero no caso do segundo engádese que tamén deberá ser rubricado a nivel interno por cada estado, polo que se agarda que tarde máis tempo en recibir o visto bo definitivo de todas as partes. Países como Francia, Polonia, Hungría, Austria ou Irlanda opuxéronse na votación realizada no Consello Europeo a pasada semana, pero finalmente foi aprobado este primeiro paso ao conseguir a maioría cualificada suficiente ao recibir o si de, polo menos, 15 dos 27 estados membros da UE que representen a un 65% ou máis da poboación da unión.

Entre os aspectos chave deste acordo atópanse os seguintes:

  • Eliminación progresiva dos aranceis no 91% das mercadorías que as empresas da UE importen desde os países do Mercosur. Do mesmo xeito, quedarán libres de aranceis o 92% das importacións quen fan desde Mercosur de produtos orixinarios dos 27 países que forman a UE. Este punto, polo tanto, abaratará a entrada de produtos entre os dous mercados. As taxas que se pagan hoxe en día están entre o 10 e o 35%.
  • Mercosur reducirá tamén os aranceis que lle aplica actualmente aos produtos industriais europeos, tales como automóbiles, medicamentos, químicos ou distintos tipos de maquinaria.
  • A UE permitiralle a Mercosur cotas arancelarias limitadas en produtos considerados sensibles como a carné de vacún ou de aves de curral, así como para o arroz, o mel, o azucre ou o etanol. Neste punto o organismo europeo prevé unhas salvagardas para suspender de maneira temporal estes aranceis se considera que saen danados os produtores europeos. O paraguaio Rubén Ramírez, presidente neste momento de Mercosur, xa avanzou que non van aceptar algunhas destas medidas porque non estaban incluídas no acordo ao que chegaron as dúas partes.
  • O acordo elimina barreiras existentes en sectores como os servizos financieiros e as telecomunicacións, así como no sector dos servizos de transporte marítimo internacional.
  • Tamén se eliminan os impostos de aduana para o envío entre estados de maquinaria ou produtos para arranxar e ningún dos dous bloques poderá crear novos impostos de aduana unha vez que o acordo entre en vigor totalmente.
  • As empresas da UE poderán participar en licitacións de contratos con autoridades públicas e outras axencias gubernamentais dos países de Mercosur en igualdade de condicións que as empresas deses propios estados.
Ducias de tractores volveron ocupar a Ronda da Muralla luguesa. Autor: Agromuralla

Quen se pode beneficiar e quen se pode ver prexudicado?

Como en case todos estes tipos de acordos nos que se ven inmersos moitos actores, hai sectores que se poden ver beneficiados e outros que poden saír danados. Neste caso parece claro que se abre unha boa oportunidade para os produtores europeos de viño e aceites, que mesmo poderían compensar con esta eliminación de aranceis parte do dano causado pola guerra comercial que puxo en marcha meses atrás o presidente estadounidense, Donald Trump. No caso do aceite, hoxe existe un arancel do 10% para exportacións aos países do Mercosur que irá desaparecendo de forma gradual nos próximos 15 anos. Mentres, o do viño pode acadar un 35% e tamén irá baixando ata a súa desaparición dentro de 8 anos.

Nunha situación totalmente diferente se atopan, a priori, os gandeiros e os agricultores, que chaman a atención sobre a posibilidade de que se produza unha competencia desleal se finalmente acaban entrando produtos desde América do Sur que non cumpren cos estándares que lles esixen a eles. Tamén se une o feito de non poder loitar nalgúns casos contra industrias suramericanas que poden botar dunha man de obra moito máis barata. É dicir, interpretan que o acordo non é recíproco e que os agricultores europeos quedarán nunha situación de desvantaxe con respecto aos seus homólogos dos territorios do Mercosur.

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

Coñecemos o GDR 10 Limia-Arnoia e o seu traballo para impulsar o desenvolvemento rural, o emprendemento e as oportunidades no sur de Ourense.

Ficar aquí

27/07/2026

O GDR Montes e Vales Orientais é unha entidade clave para o desenvolvemento rural da montaña oriental de Lugo. Nesta entrevista coñecemos o seu traballo, os proxectos que impulsa, o papel das axudas LEADER e os principais retos do territorio, como o despoboamento, o relevo xeracional e a creación de oportunidades para vivir e emprender no rural.

Ficar aquí

05/06/2026

Algúns municipios do rural galego están reformando inmobles públicos en desuso para ofrecelos como vivendas de alugueiro social coas que axudan a persoas necesitadas e tamén loitan contra o despoboamento

Ficar aquí

29/05/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *