O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Arredor do Rural, unha ponte entre coñecementos

Un dos podcast realizados nunha das iniciativas impulsadas por Arredor do Rural

Poñer en común o coñecemento académico, aquel que se desenvolve nas universidades, e o popular, ao que moitas veces non se lle dá a importancia que realmente ten, para conseguir que as novas xeracións vexan que no rural tamén hai futuro e que se pode traballar e desenvolver unha vida nel. Esta foi a premisa básica e principal coa que naceu a finais do pasado ano 2023 o libro ‘Arredor do rural, comunidade de saberes e innovación socioeducativa’, unha obra colectiva coa que os seus autores lle dan saída ás reflexións e conclusións que tiraron dentro do proxecto que leva o mesmo nome, Arredor do Rural. Un total de 29 persoas ofrecen a súa visión sobre este tema a partir de distintos puntos de vista coordinados por David García, membro do Grupo de Investigación Esculca da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da entidade Avoar; Iria Vázquez, do Grupo de investigación da Universidade de Vigo Gets-It; e Nuria Fernández, da asociación Euroeume.

Dentro do obxectivo de conseguir que as novas xeracións teñan unha mirada diversa sobre as opcións que ofrece o rural, céntranse sobre todo nun grupo de poboación concreto, os universitarios. Deste xeito, desde esta plataforma integrada por colectivos rurais moi diversos e persoas procedentes da docencia -de áreas de coñecemento tamén moi diversas- pretenden que o alumnado de estudos superiores cambie a súa percepción e sexa consciente de que o rural é un lugar con futuro e onde un pode traballar e desenvolver a súa vida, tanto profesional como persoal, de forma xusta e sostible. Os seus impulsores están convencidos de que se pode construír esta visión alternativa e abandonar aquela que sostén que as únicas opcións de futuro se atopan nas zonas urbanas.

Galicia e Norte de Portugal

Para conseguir esta meta, os integrantes da plataforma van recollendo experiencias, co uso da aprendizaxe-servizo como estratexia, para que o estudantado se involucre formando parte de proxectos que están a construír a innovación social nas aldeas e pequenas vilas de Galicia e o Norte de Portugal, que é o territorio de traballo de todos estes colectivos por compartir características do contexto e entender que se poden establecer pontes coas que nutrirse mutuamente.

Precisamente buscar sinerxias entre as distintas capas que forman parte desta comunidade de accións e saberes que pivota arredor do rural. Esta idea da aprendizaxe-servizo parte dunha combinación de formación especializada e participación, que remata sendo unha forma de aportar á comuidade producindo coñecemento e tamén cousas tanxibles.

Tres seccións

A obra colectiva que deu inicio a todas as iniciativas que viñeron despois estaba separada en tres seccións. Na primeira tratouse de que xeito se podían abordar as problemáticas que acusan os territorios rurais, así como a importancia de eliminar os estereotipos que se constrúen desde as cidades, onde a imaxe das aldeas é a de sitios que se perciben como alleos que serven para extraer recursos e ‘alimentar’ as cidades e zonas urbanas.

Mentres, na segunda parte do libro preséntanse varias formas de diálogo social a través de distintas vías, como poden ser os fondos comúns de coñecemento e identidade, nos que se intenta que as escolas adoiten ferramentas útiles para que os nenos e nenas coñezan máis a fondo o funcionamento do entorno no que viven. Trátase de que os menores aprendan cousas básicas sobre, por exemplo, os concellos ou os entidades que traballan no territorio. Finalmente, a terceira sección é unha escolma de casos e iniciativas pensadas para e desde o rural que tiveron éxito.

Valores

Nestas primeiras conversas arredor do rural marcáronse tamén unha serie de valores que son moi a ter en conta e que guiaron ao estudando nas diferentes actividades, estudios e iniciativas que desenvolveron durante os últimos meses e que os seguirán guiando nas que se realizan neste tempo e no futuro, como a última, que tivo lugar hoxe mesmo no Campus de Lugo baixo o título ‘Arredor do rural. Aprendizaxe desde as voces das mulleres’ e que correu a cargo da Cátedra Juana de Vega da USC. Puntos como o cooperativismo, o feminismo/transfeminismo, o aproveitamento dos propios recursos-permacultura ou a interxeneracionalidade foron localizados como chave á hora de levar a cabo este proxecto.

Problemáticas

Así mesmo, desde un primeiro momento fixaron as problemáticas que hai que afrontar no rural. Entre elas destaca o despoboamento relacionado coa percepción da falta de oportunidades, o acceso á vivenda, os incendios forestais, a falta de interese da administración ou a inercia social conformista, entre outras.

Todas estas premisas de partida e as conclusións ás que chegaron nas primeiras conversas foron a primeira columna posta por unha plataforma que pretende ser outro actor máis en Galicia e no Norte de Portugal para intentar darlle un pulo ao rural e axudar a acabar con certas dinámicas como a sangría do despoboamento e a perda de servizos e empresas que sufren nas últimas décadas moitas zonas de ámbolos dous territorios.

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

“Moitas veces hai máis inspiración fóra da pantalla que dentro dela.” Desde Riotorto, Rocío constrúe o seu proxecto creativo, Efe Efe, combinando deseño, ilustración e unha forma de traballar conectada co territorio e coas persoas.

Ficar aquí

09/04/2026

Aparellos está integrado por un grupo de persoas que queren que o rural siga tendo vida e para iso traballan en que negocios a piques de pechar atopen relevo para poder seguir en funcionamento. Xa teñen presenza en tres provincias galegas, dado que contan con tendas en Moeche, Viveiro, Guitiriz e a Rúa

Ficar aquí

01/04/2026

O documental galego 360 Curvas recupera as mobilizacións veciñais da Fonsagrada nos anos 90. Falamos coa codirectora Ariadna Silva sobre o filme, a memoria, a comunidade e futuro do rural galego.

Ficar aquí

10/03/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *