O portal de emprego e oportunidades do rural galego

5 carreiras con maior taxa de emprego no rural galego

Nos últimos anos, o sector servizos é o que ten unha maior taxa de empregabilidade en Galicia. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística – IGE –, durante o primeiro trimestre deste 2025 o 70,47% da poboación ocupada traballaba no sector servicios. Sígueno a industria (16,94%); a construción (6,92%); a agricultura, gandaría, caza e silvicultura (4,41%) e a pesca e a acuicultura (1,26%). Por ramas de coñecemento, as carreiras que actualmente lideran a inserción laboral son as relacionadas coa saúde, a tecnoloxía e a economía.

Que pasa no rural galego? Cales son as carreiras que teñen máis saídas laborais no rural? Os estudos relacionados coa saúde (óptica, farmacia, fisioterapia, logopedia, podoloxía,…) e o coa gandaría son os que teñen unha maior taxa de empregabilidade no rural galego e, se imos un pouco máis aló, tamén son as que teñen mellores oportunidades laborais. É dicir, remuneracións máis altas e mellores proxeccións laborais.

Estas son a día de hoxe as cinco titulacións con maior saída laboral na Galicia rural e todas se poden cursar nalgunha das tres universidades públicas da nosa comunidade:

ÓPTICA E OPTOMETRÍA

Din os expertos que a rama sanitaria é a que maior postos de traballo xera hoxe e tamén nun futuro. O envecellemento da poboación e o sedentarismo son dúas das causas que están detrás desta teoría. Unha das profesións coa menor taxa de desemprego é a de óptico-optometrista. Esta é unha especialidade que se pode cursar na Universidade de Santiago de Compostela cunha nota de corte de 9,190 e entre as súas saídas laborais está traballar centro óptico, na investigación, no apoio clínico e na ensinanza.

FARMACIA

É outra das titulacións máis emblemáticas da USC e que tamén ten un alto nivel de saídas laborais no rural galego; tales como estar ao frente dunha farmacia, ou adicarse á investigación ou laboratorio de análisis.

VETERINARIA

Velar pola saúde animal é outra das carreiras con menor taxa de paro no rural galego e tendo en conta que a indrustria agroalimentaria é un dos principais sectores económicos nas zonas rurais podemos dicir que este tipo de estudos teñen un 100% de empregabilidade. Veterinaria é unha carreira de 5 anos que se caracteriza principalmente pola súa visión práctica. Este é un grao que se pode cursar no Campus de Lugo da USC e a nota de corte no 2024 foi de 11,270.

ENXEÑARÍA FORESTAL

Este grao, que se pode cursar na Escola de Enxeñaría Forestal do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, ten diferentes saídas laborais a desenvolver en contornas propiamente rurais: xestión, conservación e explotación dos espazos naturais e forestais; realización de obras de hidroloxía, reforestación e conservación de chans; aproveitamento industrial da madeira,…

ROBÓTICA

A robótica forestal, con drons que analizan o terreo; e a agroalimentaria, cos robots que muxen vacas; están a cambiar o sector primario en Galicia. A USC puxo recentemente en marcha no Campus de Lugo este grao cunha nota de corte de 6,75 e con múltiples saídas laborais no rural galego.

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

Coñecemos o GDR 10 Limia-Arnoia e o seu traballo para impulsar o desenvolvemento rural, o emprendemento e as oportunidades no sur de Ourense.

Ficar aquí

27/07/2026

O GDR Montes e Vales Orientais é unha entidade clave para o desenvolvemento rural da montaña oriental de Lugo. Nesta entrevista coñecemos o seu traballo, os proxectos que impulsa, o papel das axudas LEADER e os principais retos do territorio, como o despoboamento, o relevo xeracional e a creación de oportunidades para vivir e emprender no rural.

Ficar aquí

05/06/2026

Algúns municipios do rural galego están reformando inmobles públicos en desuso para ofrecelos como vivendas de alugueiro social coas que axudan a persoas necesitadas e tamén loitan contra o despoboamento

Ficar aquí

29/05/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *