O portal de emprego e oportunidades do rural galego

Un ano de crecemento para o proxecto de Ficar Aquí

Aínda que non nos gusta falar de nós mesmos, o 2025 está rematando e toca facer balance dun ano que foi de crecemento para Ficar Aquí e a nosa comunidade. Logo de lanzar o portal no último trimestre do 2024, neste presente ano que está chegando á súa fin fomos asentando as bases do traballo que queremos desenvolver neste proxecto e co que buscamos, por riba de todo, dinamizar o rural, tender pontes entre os diferentes actores que o compoñen e colaborar así en que teña un futuro acorde ao potencial que estamos convencidos que ten. Ficar Aquí é sinónimo de resiliencia e de non resignarse a deixar morrer o noso rural.

Deste xeito, co paso dos meses foise incrementando o número de ofertas de emprego e oportunidades no noso portal, chegando a superar, só neste último trimestre, máis de 150 novas propostas. Unha análise rápida dos perfís máis demandados lévanos a ser conscientes do peso que ten o sector servizos (persoal de hostalería, de supermercados, etc.) e tamén outros que teñen que ver co envellecemento da poboación do rural, xa que son moitas as empresas ou concellos que buscan persoal para desenvolver labores de axuda no fogar ou atender centros da terceira idade. O sector primario segue sendo moi importante e iso déixase ver coa busca de persoal para as granxas, pero tamén vemos un rural con industria, que precisa camioneiros, condutores de grúas, maquinistas e tamén demanda soldadores, fontaneiros, albaneis, pintores ou administrativos.

Un crecemento sostido no número de oportunidades, igual que foi medrando a nosa comunidade, onde xa contamos con máis de 1.500 seguidores nas nosas redes sociais e canles de Whatsapp que xa superan tamén os 600 usuarios. Estamos convencidos de que este aumento progresivo non se vai deter e, por exemplo, queremos trazar noutros territorios o camiño que xa empezamos a percorrer neste 2025 acompañados do GDR Limia-Arnoia, que conta cun espazo propio dentro do noso portal que nutrimos cada día de novas oportunidades e ofertas de emprego e ás que lle tentamos dar maior visibilidade coa aparición nas nosas redes sociais. Cremos que aproveitar todas as sinerxias posibles que se poidan establecer entre administracións, empresas e demandantes de emprego é a fórmula máis axeitada para que o rural siga tendo moito futuro e queremos que o noso portal continúe servindo de ponte de unión.

Desde Ficar Aquí desexámosvos unhas moi boas festas e imos por un 2026 cheo de novas oportunidades que encaramos coa ilusión de seguir medrando e botando unha man!!!

Comparte!

Deixa un comentario

Entradas relacionadas

O documental galego 360 Curvas recupera as mobilizacións veciñais da Fonsagrada nos anos 90. Falamos coa codirectora Ariadna Silva sobre o filme, a memoria, a comunidade e futuro do rural galego.

Ficar aquí

10/03/2026

Lucía Quintas, mestra do CRA A Picaraña, explícanos por que educar no rural é unha oportunidade única: grupos pequenos, natureza, aprendizaxe vivencial e unha comunidade que medra unida. Un modelo próximo e humano que impulsa ás crianzas e fortalece o territorio.

Ficar aquí

09/02/2026

Ana Luisa é fisioterapeuta e chegou a Baños de Molgas para traballar no rural, ofrecendo atención a domicilio e un servizo próximo e humano. Nesta entrevista falamos do seu camiño, dos retos de emprender no rural e das oportunidades que moitas veces non se ven.

Ficar aquí

29/01/2026

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *