Xeadería e tenda de galletas e chocolates
Empresa
Mmmm! Xeados
Sector
Alimentación e bebidas
Características
Localización
Contacto
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
Mmmm! Xeados é unha tenda de produtos artesáns, seleccionados entre obradoiros que traballan produtos de unha alta calidade. Son tres negocios en un:
A tenda: ofrece xeados, batidos, cafés, chocolate con churros e gofres. Ademáis ten unha selección de chocolates, bombóns e pastas de distintos obradoiros.
Os eventos: dispón de dous triciclos e un carriño de xeados para eventos, tanto públicos como privados. E, ao longo do ano fai distintos tipos de eventos de catering: mesas doces (os nosos recunchos larpeirso), chocolatadas, catering frío (fiambres, queixos, cremas, patés, etc).
O canal directo: tanto con unha web totalmente renovada, como a través das redes sociais e o whatsapp, as nosas canles de venta directa son un dos factores máis importantes da tenda, gracias a unha base de datos de máis de 1700 clientes.
Pódese traspasar todo en conxunto ou en distintos lotes: o local totalmente equipado por un lado e, por outro, o negocio de eventos, a marca, a web e a base de datos.