Cafetería Almorzos do Camiño
Empresa
Cafetería Almorzos do Camiño
Sector
Hostalaría
Características
Localización
Contacto
Comparte esta oferta
DESCRICIÓN
A Cafetería Almorzos do Camiño, situada en A Guarda, está en traspaso.
Trátase dun negocio en funcionamento, reformado no ano 2022 e preparado para continuar a actividade de forma inmediata.
O establecemento conta con dobre licenza de actividade: cafetería e despacho de pan e pastelería.
Dispón de clientela estable durante todo o ano, ademais de recibir o paso de peregrinos do Camiño de Santiago, o que supón un fluxo adicional de potenciais clientes.
- O alugueiro mensual é de 600 euros.
- O prezo establecido é de 30.000 euros, unha cantidade negociable segundo a propiedade.
- Dispón dunha terraza privada, situada nun espazo no que non se abonan taxas municipais de ocupación.
A cafetería entrégase totalmente equipada con:
- Barra e cafetera
- Vitrinas expositoras
- Hornos
- Mobiliario interior
- Mobiliario de terraza
Ao non dispoñer de saída de humos, a actividade está orientada a almorzos, merendas, bocadillos, sándwiches, racións frías e venda de pan e produtos de pastelería.
As persoas interesadas poden solicitar máis información, fotografías ou concertar unha visita contactando directamente no 620 87 68 88.