O portal de emprego e oportunidades do rural galego

GDR Limia Arnoia

GDR Limia Arnoia

Traballando para a mellora da calidade de vida e o desenvolvemento rural das comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.

Centro de Promoción Económica - Rúa do Portelo 4 32660 Allariz - Ourense

604026618

Sobre nós

A Asociación GDR10 Limia-Arnoia constitúese como asociación sen ánimo de lucro en xullo do ano 2008. Desenvolve o seu traballo nas comarcas Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova, que comprenden 25 concellos da provincia de Ourense.

Algúns dos obxectivos do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia son:

  • deseñar e poñer en marcha modelos de xestión do territorio, que permitan recuperar a actividade,
  • apoiar a diversificación económica desde unha análise do territorio,
  • crear espazos de innovación e impacto para as mulleres dos concellos participantes,
  • formar e sensibilizar sobre o uso da auga e a enerxía,
  • crear dinámicas de participación e traballo en rede.

Estes obxectivos están recollidos na súa Estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027.

Desde o GDR10 convidan a todas as entidades do seu territorio –asociacións xuvenís, de mulleres e agrarias, entidades de acción social e para a conservación do medio, ou do sector cultural, educativo, etnográfico, etc.– a unirse e participar da creación e desenvolvemento de iniciativas que respondan aos obxectivos fixados.

Unha das liñas de traballo máis relevantes do GDR Limia-Arnoia é a xestión dos fondos LEADER. O programa LEADER ten como obxectivo o desenvolvemento das áreas rurais dos países membros da Unión Europea e busca a participación da poboación do territorio e a integración de todos os recursos e actores económicos e humanos. As axudas están destinadas a proxectos produtivos, que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que implican a creación e/ou mantemento de emprego. E a proxectos non produtivos, proxectos promovidos por entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais, comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades, que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica.

Máis alá da xestión das axudas LEADER, o GDR Limia-Arnoia impulsa ou participa en proxectos levan a Estratexia de Desenvolvemento Local do papel ao territorio. Estes son algúns dos proxectos máis relevantes que impulsa:

  • Aterra. Un proxecto pioneiro, de aproveitamento de terras en desuso, que nace co obxectivo de impulsar novos proxectos agrogandeiros no territorio.
  • A esencia da orixe. No ano 2023 e xunto coa Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, nacía o evento “A esencia da orixe”, para a posta en valor da actividade agrogandeira e os produtos do rural. Unha iniciativa que terá continuidade no futuro.
  • Mixturando: Desenvolvemento de novas estratexias de valorización do bosque mixto atlántico en Asturias e Galicia. Neste caso participan ademais o GDR Terra e Auga, o GDR Camín Real de la Mesa (Asturias) e o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.

Por último, o GDR Limia-Arnoia participa do desenvolvemento do sector turístico na súa zona de actuación. Un sector que debe apostar pola sostibilidade, por poñer en valor e coidar o seu patrimonio natural e cultural. Recentemente impulsou a creación do Xeodestino A Limia, que ten como obxectivo converterse nun lugar referente para as persoas amantes da ornitoloxía e da natureza. Por outra parte, o Xeodestino Allariz-Maceda busca promover o territorio como destino cultural e sostible, destacando o seu patrimonio artístico, gastronómico e tradicional, e fomentando a preservación das artes e a conexión coas comunidades locais.

Todas as oportunidades e empregos en Whatsapp

Para estar ao día de todas as oportunidades que hai nos diferentes concellos onde traballa o GDR Limia Arnoia, podes seguir as canles de Whatsapp comarcais de Ficar Aquí: Comarca Allariz – Maceda, Comarca da Limia, Comarca da Baixa Limia e Terra de Celanova. Non te perdas nada!

Oportunidades publicadas

Talleres Freire Motor

A Bola

· 14/04/2025

Hotel Restaurante Pallabarro

Allariz

· 10/04/2025

Hotel Restaurante Pallabarro

Allariz

· 10/04/2025

Salgado Construcciones y Reformas

Allariz

· 09/04/2025

O Pazo do Sabor

Celanova

· 04/04/2025

Cafetería A Sala

Maceda

· 04/04/2025

Construccións Metálicas Limia

Xinzo de Limia

· 18/12/2024

Patatas Carlos Casas

Xinzo de Limia

· 10/12/2024

Patatas Carlos Casas

Xinzo de Limia

· 10/12/2024

Celanova

· 17/09/2024

Ebanistería Allariz

Allariz

· 14/06/2024

GDR Limia Arnoia, proxecto Aterra
Entidades Banners - GDR Limia Arnoia

No blog de ficar aquí

Con este espazo busca impulsar o emprego identificando e difundindo ofertas de traballo e outras oportunidades nos 25 concellos que integran o seu territorio

Ficar aquí

06/05/2025

A túa empresa, no mapa das oportunidades do rural galego

Inscrición na oferta

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para este posto
Por favor, revisa a información dos campos obrigatorios.
Experiencia profesional
Currículum Vitae
Tamaño máximo: 5 MB
Súbeo en PDF

Solicitude de traspaso de negocio

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o traspaso

Solicitude de relevo xeracional

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Motivación para o relevo *

Socios e colaboracións

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Queres comentar algo? *

Mensaxe á entidade

Nome *
Apelidos *
Email de contacto *
Teléfono
Envíalle unha mensaxe á entidade *